Día da poesía

O 21 de marzo foi o día da poesía. Merlín estivo elixindo uns poemas para celebralo. Que vos parece se buscades tamén algún e o compartides nos foros dos vosos cursos?

Non esquezades escribir o autor ou autora e a obra onde foi publicada.

 Dúas cunchas 

negro-azuladas

protexen a carne 

da cor da laranxa.

 

Nunha batea

poden medrar

ou moi agarrados

ás rochas do mar.

 

Aínda que semellan

unhas castañolas

están moi ricos

fervidos en olas.

 

Tamén están bos

á vinagreta

sendo sinxela

esta receita.

 

Non se despegan

do barco pirata

as cunchas ao casco

están abrazadas.

María Canosa (Acuario)

 

Miña casiña de pedra,

casa de tódolos días,

onde os fumes soben altos

como as miñas alegrías.

 

¡Tal brinquei polo tellado,

corrín polo corredor,

enredei por entre as hortas

que enverdecen o arredor!

 

Miña casiña de pedra,

portas e ventás pintadas,

caraveleiras de cores

aloumiñando as entradas.

Ana Mª Fernández

(Ondas de verde e azul)