PROPOSTAS DE ACTIVIDADES

Prezadas familias,

Queremos compartir con vós estes retos sinxelos enviados polo mestre de Educación Física para fomentar o exercicio físico durante estes 14 días.

Tamén queremos recomendarvos que visitedes o blog da nosa biblioteca escolar: O RECUNCHO DE NUNO onde poderedes atopar, por unha parte,  unha serie de recursos co fin de explicar aos máis pequenos dunha forma sinxela e clara que é un virus, como xestionar as súas emocións así como hábitos de hixiene que hoxe máis que nunca debemos empregar para frear a súa transmisión; e por outra, subirase cada día un videoconto para que se siga mantendo a hora de ler e para que desfrutedes pequenos e grandes dende os vosos fogares.

Aproveitamos tamén para animarvos a participar na iniciativa proposta dende a biblioteca escolar que consiste en que se vós queredes contar os vosos contos preferidos e compartilos con todos e todas nós, podedes pedir axuda aos vosos maiores para que vos axuden a facelo gravándoo en vídeo e mandándoo á seguinte dirección de correo : ceipacristinabiblioteca@gmail.com , así como tamén podedes facer debuxos sobre os contos que vedes cada día, mandárnolos co voso nome e publicarémolos ao día seguinte. ANIMÁDEVOS!

 

AdxuntoTamaño
14 días - 14 retos.pdf748.87 KB