Saltar navegación

Videofórum: “Nós cremos”, publicidade de Gillette

 

En xaneiro de 2019 a empresa de máquinas de afeitado Gillette lanzou a campaña publicitaria “We Believe” (“Nós cremos”). En poucos días o anuncio gañou 250.000 dislikes en Youtube. En menos de dous meses, acumulou un millón e medio.

O anuncio provocou un boicot á marca nas redes. Milleiros de homes aseguraron que tirarían os seus produtos ao lixo e que nunca máis mercarían outros produtos da marca.

Reflexión

  1. Reflexo dun home no espello do baño. Dominio Público.
    A quen vai dirixido o anuncio de Gillete? Que actitudes cres que está a denunciar? Achega algún exemplo extraído do vídeo.
  2. Que ideal de masculinidade defende o anuncio? Cal é a mensaxe última que lanza?
  3. Pensas que os homes deben sentirse ofendidos polo anuncio de Gillette? Por que?
  4. O anuncio de Gillette vai na mesma liña doutra campaña lanzada por Axe en 2017. Porén, estoutra campaña apenas tivo repercusión social. A que cres que se debe? Que mensaxe lanza este anuncio? Que diferenzas atopas entre un e outro?
  5. Se tes estómago, podes visualizar outros anuncios de Axe. Esta compañía de produtos de beleza foi reiteradamente acusada de apoiarse nunha masculinidade tradicional e reaccionaria. Estás de acordo?
  6. En ocasións as campañas publicitarias están pensadas precisamente para causaren polémica. Puido Gillette ter esa intención ou pensas que a indignación xerada pola campaña non estaba planificada pola compañía?