Saltar navegación

Proxecto: A masculinidade na cultura de masas

 

A arte a literatura foron durante séculos os principais transmisores de estereotipos propios da masculinidade tóxica. Na actualidade, o cine, os medios de comunicación e a publicidade son tamén responsábeis da transmisión destes estereotipos. Desta maneira afiánzase e lexitímase a idea dominante da masculinidade.

Centraremos este traballo nos anuncios publicitarios, en especial nos anuncios para televisión, onde son moi evidentes estes estereotipos. Con todo, tamén se poden escoller personaxes da literatura, dos contos populares, das películas e series de televisión, de bandas deseñadas, ou imaxes artísticas.