Saltar la navegación

Xornada Educación Dixital

encabezado de educación dixital

Esta xornada, organizada pola Rede de Formación do Profesorado, persegue promover o intercambio de experiencias e boas prácticas con tecnoloxía dixital, impulsar e apoiar o compromiso do profesorado na aplicación das tecnoloxías dixitais aos procesos de ensino-aprendizaxe e reflexionar sobre as propostas metodolóxicas que contribúen a unha mellor integración das tecnoloxías na aula e nos centros educativos.

No evento contaremos con persoas divulgadoras, docentes e formadoras que presentarán boas prácticas e formas concretas de usar as TIC para apoiar e realzar o proceso de ensino-aprendizaxe e para empoderar ao alumnado.

Terá lugar o 21 de abril no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e vai dirixida a profesorado de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, aínda que poderá asistir todo o resto do profesorado pertencente a centros dependentes da Consellería de Educación.

Toda a información sobre este evento publicarase na Aula virtual do CAFI [Preme para acceder]