Saltar navegación

3.1 - Estratexias de avaliación

A avaliación é unha parte fundamental de calquera proceso educativo, polo tanto dun curso virtual, tamén. Os procesos de Ensino / aprendizaxe e o de avaliación condiciónanse mútuamente: o modo de ensinar condiciona o modo de avaliar e o modo de avaliar condiciona o modo de ensinar / aprender. Ambos os dous procesos retroaliméntanse.

As razóns para avaliar podemos resumilas na necesidade de regular a aprendizaxe, é dicir, de detectar as posibles dificultades que poidan encontrar os estudantes na súa aprendizaxe para, a partir de aí, axudarlles a resolvelas e tamén pola obriga de informar aos estudantes sobre os resultados da súa aprendizaxe e o seu avance ao longo do curso.

Para saber máis

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)