Saltar navegación

3.1.2 - Quen avalía?

Medindo...
Imaxe de  stuartpilbrow  en Flickr CC BY-SA

Damos por superada a visión tradicionalista da avaliación limitada á realizada polo docente ou heteroevaluación, que é importante, pero non pode ser a única. Se a avaliación é parte dun proceso de desenvolvemento de competencias, a autoavaliación e a coavaliación son fundamentais para que o estudante tome conciencia do seu punto de partida (avaliación diagnóstica ou inicial), do resultado dos seus esforzos e da súa evolución ao longo do tempo (avaliación procesual) e da calidade do resultado ou produto final elaborado medido en relación ás especificacións establecidas para ese produto (avaliación final).

  • A autoavaliación é a avaliación que realiza o propio estudante do seu proceso de aprendizaxe e dos resultados obtidos. O curso deberá subministrar mecanismos para que os estudantes se autoavalíen mediante guías de corrección con rúbricas ou cuestionarios:
    • Os módulos incluirán cuestionarios deseñados para autoavaliar as ideas e conceptos básicos.
    • Algunhas tarefas os participantes autoavaliarán o seu proceso autoaplicándose rúbricas.   
  • Mediante a coavaliación os compañeiros e compañeiras do curso avalíanse entre si. Para aplicala é necesario realizar o traballo previo de explicar o sentido e o obxectivo da coavaliación e o manexo axeitado dos procedementos de avaliación e as estratexias de retroacción. Os mecanismos habituais para practicala serán:
    • Os foros, nos que se contrastarán ideas e opinións coa finalidade de forzar a creación ou  a maduración dunha opinión propia. Nalgúns debates pedirase que contesten ás opinións das compañeiras e compañeiros.
    • Talleres, deseñados coidadosamente para que a coavaliación sexa construtiva. Aplicaranse unicamente en tarefas de calado, por exemplo a execución final materializada no proxecto final. A elaboración de rúbricas axeitadas é imprescindible para lograr unha coavaliación obxectiva e positiva. Os niveis de logro deberán estar claramente definidos e en términos o máis obxectivos posibles àra evitar diferentes interpretacións feitas polas persoas que interveñan no proceso.
  • A heteroevaluación é a realizada por persoas distintas aos estudantes ou participantes no curso, habitualmente o profesor ou titor do curso. As tarefas do curso e o proxecto final serán obxecto de heteroavaliación  conxuntamente coa autoavaliación e a coavaliación.

Esta triangulación da avaliación incidirá necesariamente na súa validez e fiabilidade.

Para saber máis

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)