Saltar navegación

3.1.3 - Avaliación do proxecto final

Revisando...
Imaxe de Rodolfo Vargas en Flickr CC BY

Apuntamos máis arriba que os proxectos finais analizaranse cotexándoos cunha lista de control que recolla todas as especificacións, para comprobar que a cumpre. Ademáis  pódense coavaliar nun taller, cada participante autoavaliará o seu ademais doutros proxectos das súas compañeriras ou compañeiros de acordo cunha rúbrica, para centrar a avaliación. A titoría tamén deberá revisar e cualificar os proxectos. 

Si o proxecto final consiste no deseño e creación dun curso, avaliarase ese curso tendo presentes estes aspectos:

  • Definición de obxectivos, competencias, contidos e actividades para desenvolver ao longo do proxecto:
    • Hai unha clara correlación entre todos estes elementos do deseño do proxecto?
    • Conseguiranse os obxectivos previstos?
    • Estarán dispoñibles e serán suficientes os recursos previstos?
  • Análise do desenvolvemento do proxecto
    • É previsible a realización de todas as fases do proxecto?
    • É plausible que se cubran os puntos críticos do proxecto?
    • É realista que se poda acadar o produto final esperado?
  • Análise do impacto e a satisfacción dos participantes
    • Observarase algún cambio nos estudantes entre o inicio e o final do proxecto?
    • Quedarán satisfeitas as expectativas dos participantes directos no proxecto.

Unha vez posto en produción poderán avaliar o curso os participantes nel, despois de realizalo. Habitualmente esta avaliación faise mediante unha enquisa para recoller o feedback do alumnado.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)