Edición de vídeo
A creación de secuencias didácticas, cursos virtuais, paquetes de contidos etc... moitas veces necesita inserir videos xa publicados, pero en ocasións non necesitamos todo o contido do vídeo, só unha pequena parte. En internet existen utilidades (youtube, vimeo,..) das que descargar videos, moitos deles cunha licenza de autor que permite crear obras derivadas. En ocasións necesitaremos introducir modificacións no vídeo como recortar a duración, suprimir o son, mesturar dous ou máis videos,... Para todo iso necesitamos algún programa de edición de vídeo. Reuniremos aquí aplicacións e videotitoriais para realizar aquelas operacións máis frecuentes con vídeos. Recomendamos dúas aplicacións:
- VirtualDub: aplicación de software libre para capturar vídeo e procesalo, execútase só en Microsoft Windows. Dispón de funcións moi avanzadas.
- Avidemux: aplicación de software libre para capturar vídeo e procesalo, é multiplataforma, execútase tanto en Windows, como en Linux e MAC OS X.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0