Caixa de Ferramentas TIC
Edición de audio
Tal como vimos coas imaxes e cos vídeos, tamén na creación de secuencias didácticas, cursos virtuais, paquetes de contidos, etc... podemos querer inserir audio xa creado e que está en internet, pero que queremos recortar, ou mezclar con outro audio, ou ben podemos querer inserir un arquivo de audio creado por nós con contido que nos interese. Para todo iso necesitamos algún programa de edición de audio. Presentamos aquí dous opción á hora de editar ou crear aqrquivos de audio:
- Audacity: é unha aplicación multiplataforma e de software libre para a grabación e edición de audio. Está distribuida baixo licenza GPL.
- Conversor de audio on-line: aplicación on line, para editar audio sen ter que instalar nada.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0