Caixa de Ferramentas TIC
Edición de imaxes
A creación de secuencias didácticas, cursos virtuais, paquetes de contidos etc... necesita inserir imaxes. Dispomos de bancos de imaxes dos que descargar imaxes, moitas delas cunha licenza de autor que permite crear obras derivadas. En ocasións necesitaremos introducir modificacións como recortar o tamaño, suprimir o fondo dunha imaxe, mesturar dúas ou máis imaxes, viralas... Para todo iso necesitamos algún programa de edición de imaxes. Reuniremos aquí aplicacións e videotitoriais para realizar aquelas operacións máis frecuentes con imaxes. Recomendamos dúas aplicacións:
- Pixlr: aplicación on line, para editar imaxes sen ter que instalar nada.
- Gimp: aplicación de software libre que podemos instalar no noso ordenador.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0