Saltar navegación

Accesibilidade web

 

Definir correctamente os parágrafos:

  • En eXe, crear parágrafos novos pulsando UNHA soa vez en Enter.
  • Moodle non define os parágrafos correctamente (non coloca as etiquetas <p> e </p>) polo que debería editarse o código HTML diretamente.

Definir os títulos ou encabezamentos de sección:

  • Tanto en eXe coma en Moodle como en LibreOffice, empregar sempre o menú de Formato para configurar os títulos e numeralos consecutivamente, sen saltar a orde.
  • Numerar sempre os títulos e apartados:
    • En Moodle, comezar dende o título dos módulos do curso
    • En eXeLearning, comezar dende a páxina de inicio de cada páxina web.

Definir correctamente as listas:

  • Crealas coas iconas do editor de texto: Listas ordenadas ou desordenadas.

Texto alternativo ás imaxes:

  • Identificar as imaxes con texto alternativo.

Ligazóns:

  • Ou ben no texto da ligazón ou ben no texto alternativo debe indicarse que é unha ligazón.
  • Abrir as ligazóns en xanelas novas, e indicalo nalgún dos textos.
  • Indicar nalgún dos textos o sitio web, documento... que se abrirá.

Táboas accesibles:

  • Poñerlles un título na casilla para iso.
  • Resumir o seu contido na casilla para iso.

Maquetar sen empregar táboa:

  • eXe 2.0 permite colocar imaxes mesmo co seu pé sen empregar táboas.

Separar contidos de apariencia:

  • Usar a ferramenta ou icona "Citas" exclusivamente para citas, non para sangrar párrafos.
  • Evitar o uso de táboas para maquetar imaxes.
  • Maquetar empregando follas de estilo css.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)