Saltar navegación

Tarefa 2

Post-Produción

posproducionRematou a Rodaxe!! Intensa pero emocionante, non sí?

Para ver o resultado de todo o noso traballo debemos seguir esforzándonos

e traballando duro nesta fase de post-produción,

na que todo o grupo deberá colaborar

para que o videoclip saia segundo o previsto.

Esta tarefa estará coordinada polo técnico/a de post-produción

baixo as indicacións de dirección.



É o momento da manipulación do material audiovisual gravado,

da edición, montaxe e efectos especiais seguindo o guión.

Tamén editaremos o Making of do videoclip.

Nesta tarefa usaremos un editor de vídeo, o Movie Maker (para Windows) ou o Openshot (para Linux).

ACTIVIDADES

Dividirémonos en 3 subgrupos; cada un realizará unha das seguintes actividades:

 

4.- Edición do videoclip

5.- Montaxe do videoclip

6.- Making of

Se pinchamos abaixo descubriremos cómo sacar unha boa puntuación con esta tarefa.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0