Saltar navegación

Spot Promocional

Qué vai dicir?

spotUn Spot promocional é un pequeno clip de vídeo que dura sobre 20 segundos e que pretende vender ou publicitar algún produto ou marca procurando impactar no espectador. É unha obra audiovisual moi pensada que non pode deixar ningún cabo solto debido á súa breve duración e ó obxectivo final de venta.

Esta primeira pregunta de qué vai dicir o spot será respostada describindo a mensaxe que queremos transmitir: qué obxecto queremos promocionar (o noso grupo e traballos), cales son os seus puntos fortes, como é a súa música, a produción audiovisual, o podcast e videoclip...

 

Cómo o vai dicir?

Seguiremos as pautas da linguaxe audiovisual para concretar cómo se vai transmitir a mensaxe no spot:

  • Guión técnico: crearemos o guión tendo en conta as características especiais dos spots (20-30 segundos de duración e planos moi curtos e impactantes). Debemos facer constar:

          - Estrutura temporal: como transcorre a historia no tempo.Desglosaremos a acción en secuencias e escenas, creando ritmo.

         - Estrutura espacial: cómo representamos o espacio, o lugar; tipos de planos, ángulos, movementos de cámara, importancia dos fondos...

        - Luz e color: a luz pode ser natural ou artificial, dura (directa) ou suave (tamizada), con efectos moi diferentes segundo se empreguen. A cor está moi relacionada coa luz e deberán dominar as cores propias do logotipo.

        - Punto de vista: os ángulos da cámara son moi importantes, os contrapicados resaltan ós personaxes e os picados,pola contra, achican. Os planos de cámara inclinada producen sensación de inestabilidade.

        - Textos: os spots non soen ter gran cantidade de textos, e deben ser ben empregados, con frases curtas, directas e impactantes.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0