Obradoiro 6
Movemento de cámara
Tipos
- Panorámica: é un movemento físico que se consegue facendo rotar a cámara cara esquerda e dereita. Soe situarse a cámara sobre un trípode e rota sobre o seu eixe. A panorámica pode ser horizontal ou vertical (de arriba a abaixo ou viceversa).
- Travelling: é un movemento físico que se consegue movendo a cámara sobre uns raís. A cámara móvese en paralelo co personaxe acompañándoo. Permite seguir de cerca a expresión do personaxe que está en movemento continuo.
- Zoom: é un movemento óptico que se realiza coas cámara que teñen obxectivos de focal variable. Permite facer que os obxectos se acerquen ou se afasten se mover a cámara. A diferencia do travelling, os obxectos que se acercan comprímense.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0