Obradoiro 6
Actividade 3
Rodamos
Imos gravar!!! Todo o mundo aos seus postos!!
Ó igual ca nos ensaios, seguiremos o guión técnico
e o plan de rodaxe feitos no obradoiro 5
para saber cando e qué imos gravar en cada momento.
Xa todos e todas sabemos qué posto debemos ocupar durante a rodaxe
e dominamos as competencias técnicas precisas
para desempeñar cada función (actividade 1 e AXUDA).
Durante a rodaxe teremos en conta:
- As competencias técnicas que cada posto requira en cada momento da gravación
- A coordinación: o director/a dirixirá cada toma e todos debemos seguir as súas pautas. O clima de traballo será relaxado pero ordenado. Así todo sairá perfecto!
- A paciencia: ás veces haberá que repetir a mesma toma varias veces, ata que o director/a satisfeito/a co resultado.
- O silencio: debe ser total durante as gravacións, posto que pode interrumpir e molestar ós intérpretes.
- A emoción: entregarémonos ó máximo en cada toma que gravemos
HAI QUE DALO TODO!
Suxestión
Na AXUDA podemos consultar todo o relacionado coa linguaxe audiovisual e coas competencias técnicas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0