Saltar navegación

Equipo Artístico

Reparto

O reparto ou elenco é o conxunto de actores e actrices que forman parte na rodaxe do noso videoclip.

As súas funcións dependerán totalmente das esixencias do guión e das instrucións do director/a.

Cada actor e actriz que interveña no noso videoclip creará, interpretará e representará a acción que esté descrita no guión, a través de improvisacións individuais e colectivas, recursos corporais e emocionais, coreografías... co fin de transmitir ó espectador o conxunto de ideas propostas.

Os ensaios son a base dunha boa interpretación individual e conxunta.

elenco
Wikipedia. Elenco de actores (Dominio público)

Coreografía

O coreógrafo/a é o profesional que se encargará de "escribir a danza". Deberá pensar e describir os movementos que os actores/bailaríns representarán ó escoitar a canción.

Nun vídeo musical como vai ser o noso, a coreografía é fundamental, sendo o complemento perfecto coas imaxes e a música da canción.

O noso coreógrafo/a coordinará a todo o reparto nos seus movementos e bailes.

Os ensaios dirixidos polo coreógrafo/a son parte esencial para que as coreografías queden perfectas.

coreografia
Wikipedia. Coreografía (CC BY)

Escenografía

A escenografía son todos os elementos visuais que participan nunha escenificación: decorado e accesorios (atrezzo), iluminación, caracterización dos personaxes (vestiario, maquillaxe, peluquería). Trátase de toda a ambientación que o vídeo precisa:

          - Decorados: inclúe o mobiliario, cadros, cortinas, lámpadas... vehículos, animais...

          - Atrezzo: obxectos cos que interactúan os actores no escenario. Marcan unha continuidade na acción, polo que hai que controlar en todo momento que estén presentes.

O noso escenógrafo/a coordinará toda a ambientación e a posta en escena do noso vídeo musical.  

escenografia
Wikimedia Commons. Escenografía (CC BY-SA)



Vestiario e Maquillaxe

O encargado/a do vestiario encargarase de recopilar o conxunto de prendas, complementos e accesorios que son necesarios para caracterizar ós personaxes.

Coa maquillaxe e peluquería caracterizaremos ós personaxes segundo as necesidades o guión e correxir defectos de iluminación como brillos na pel.

maquillaxe
Wikipedia. Caracterización (CC BY-SA)

Localizacións

A localización é o sitio que se emprega para unha filmación, pero que non foi creado con ese obxectivo. Son sitios que existen na realidade para outros fins (edificios, cidades, natureza...).

Un profesional encargarase de buscar as localizacións que máis se axusten ás esixencias do guión.

Farase un informe de localizacións (que pode incluír fotos) para entregar ó director/a.

localizacion
Wikipedia. Localización (CC BY)



Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0