Actividade 7
A nosa Produtora Audiovisual
O primeiro paso para gravar o noso vídeoclip é a creación da Produtora Audiovisual.
Con ela levaremos adiante todo o proceso e fará posible o noso soño!
Constituiremos a nosa Produtora cun nome atractivo e divertido e creando dous equipos de traballo:
- Nome da nosa Produtora Audiovisual
- Equipo técnico formado polos seguintes postos: dirección, cámara,
iluminación-son, post-produción.
- Equipo artístico formado por: reparto, coreografía, escenografía,
vestiario-maquillaxe, localizacións.
Cada profesional debe saber cáles son as súas competencias técnicas
en todo o proceso de produción audiovisual.
No seguinte cadro repartiremos todos os postos que se precisan cubrir para a rodaxe do noso videoclip:
Ollo!
Na AXUDA será moi interesante ver uns vídeos que nos amosan cómo se fai unha Produción Audiovisual.
Botaremos unha ollada tamén ás Competencias Técnicas que require cada posto
para estar ben preparados á hora da gravación.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0