Saltar navegación

Elementos da historia

 

Un videoclip conta, a través da música, unha historia.

Os elementos básicos dunha historia son: o que acontece (a acción), os personaxes que interveñen, o tempo e o espazo no que sucede a acción.

1.- ACONTECEMENTO: accións e sucesos dos que participa ou afectan ó protagonista. Pode ser algo cotiá ou espectacular; divertido ou dramático...

2.- PERSONAXES: o protagonista é a peza principal do guión. Para que o espectado o coñeza ben hai que describir no guión as súas características físicas e emocionais: qué aspecto ten, cómo é o seu carácter, a qué se adica, quenes son seus amigos, cómo é a familia ou parella...

3.- O TEMPO: hai que ter en conta o tempo real no que sucedería a historia e o tempo de duración da canción do videoclip. Debemos axustar os dous tempos son distintos recursos:

           - montaxe paralela: varias accións suceden ó mesmo tempo

           - suspense e sorpresa: o espectador sabe máis ou igual que o protagonista

           - continuidade: respectar a sucesión dos acontecementos

           - elipse: eliminación de momentos da historia que non se consideran importantes, ou representar o paso do tempo

           - flash back: saltar atrás no tempo

           - flash forward: salto cara adiante no tempo

4.- ESPACIO: haberá que localizar a historia nun sitio determinado,natureza, casa, barrio, cidade, país...

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0