Webquest Día Internacional da Violencia de Xénero
Tarefas
A realización deste traballo correctamente será de vital importancia para poder ser quen de axudar ás persoas do noso entorno a enfrontarse a situacións de violencia de xénero.
As tarefas que teredes que realizar serán as seguintes:
- Pescudar información sobre a Violencia de xénero. De xeito individual deberedes pescudar información para contestar ao cuestionario que se vos achega. Seguiredes as indicacións que se reflicten no apartado de "Proceso" para responder ás cuestións.
- Realización dun gran mural. En equipo buscaremos novas nos xornais sobre situacións que poñan de manifesto "Violencia de xénero". Asemade elaboraremos frases e "slogans" alusivos á "Violencia de xénero". Con todo o material dispoñible realizaremos un gran mural nos corredores do centro, para o día 25 de novembro, que nos servirá para concienciar á toda a comunidade educativa da relevancia desta lacra da nosa sociedade actual.
- Curta sobre a "Violencia de xénero". En equipo teredes que realizar unha curta sobre cada unha das principais manifestacións de Violencia de xénero: física, psíquica, social, económica e sexual.
A primeira tarefa será achegada ao titor en papel ou na aula virtual. O cartaz e a curta serán as actividades que presentaremos o 25 de novembro a toda a comunidade educativa.
...agora toca prepararse para poder axudar a quen o necesite!!