Conclusión
Para rematar...
Como puidestes comprobar ao realizar as tarefas, a violencia de xénero é unha lacra social que estivo presente ao longo da historia e que en pleno século XXI segue a ser portada nos medios de comunicación, e non parece que teña fin.
Para poder erradicala deberemos actuar sobre os verdadeiros orixes da mesma que non son outros que os valores culturais e sociais que están presentes na nosa sociedade que fan que as diferenzas sexuais sexan fontes de desigualdades, discriminacións e subordinacións das mulleres aos homes.
Unha forma de contribuír a erradicala será a base de educación e concienciación dos membros da sociedade baixo o lema:
"Vivir en igualdade e vivir sen violencia".
Que podemos facer nós na casa, no cole e cos nosos amigos e amigas para conseguir que este lema se faga realidade?
Un pouco de lecer
Se remataches as tarefas, podes gozar duns momentos de lecer, ben merecidos, nas seguintes ligazóns:
- "Transversalidad de la igualdad de género". Recurso da "Junta de Andalucía".
- "Terrorismo doméstico". Documento de "El Mundo" para saber máis sobre o tema.
- Cómic "Pillada por ti" de Cristina Durán y Miguel A. Giner.
Para rematar, só resta indicar que todos deberiamos comprender que esta forma de traballar é un recurso educativo moi útil, xa que nos vai permitir adquirir coñecementos de xeito divertido e ameno.
Imaxino que xa coñeces un pouco máis sobre Violencia de xénero... e non te esquezas de...