Proceso
Orixes desta conmemoración
Esta tarefa realizarémola individualmente. Cada un de vós deberá completar o cuestionario que se facilita máis abaixo, sobre a orixe desta celebración, investigando nas ligazóns que se achegan.
- Violencia de xénero.
- Orixes da celebración do 25 de novembro.
- Biografía das irmás Mirabal.
- Tipos de violencia de xénero.
- Documental sobre "As irmás Mirabal".
- Cuestionario para completar:
Mural Violencia de Xénero
Todo o alumnado de clase repartirase en 5 grupos para realizar esta actividade.
Cada grupo buscará en Internet, i en xornais en formato papel, novas que fagan referencia a situacións de violencia de xénero. Con todas as novas recollidas realizaremos un gran mural nos corredores do colexio.
O mural será completado con frases e "slogans" alusivos á erradicación da "Violencia de xénero". As bolboretas tamén terán o seu protagonismo no mural...pescudade o por que?
Seranos de utilidade as seguintes ligazóns:
- Kiosko.net. Web de xornais de todo o mundo.
- Behappy.me. Programa para crear rótulos e slogans en liña.
- Blockposters.com. Programa para crear cartaces grandes.
Curta sobre a violencia de xénero
Ao mesmo tempo que realizamos a actividade anterior, cada un dos grupos deberá realizar un pequeno guión sobre un dos diferentes tipos de violencia de xénero que pode sufrir unha muller: física; psíquica; económica; social e sexual. Cada grupo escollerá un tipo de violencia diferente aos demais.
Unha vez que elaborado un pequeno borrador do guión, este, será representado e gravado polos membros do grupo. Empregaredes as cámaras de vídeo do colexio ou as cámaras dos vosos teléfonos móbiles ou tablets. Para editar as curtas podedes empregar algún dos programas que se achegan, ou outros diferentes, o voso titor guiaravos neste proceso.
- Tipos de violencia de xénero.
- "Terrorismo doméstico". Traballo do xornal "El Mundo" que nos dará ideas para representar na curta.
- Para móbil e tablets:
- APP de VivaVídeo. Programa con versión gratuíta moi fácil de empregar.
- Para PC:
- Wevideo.com. Permite editar en liña gratuitamente pero cunha marca de auga.
- Windows Movie Maker. Permite editar os vídeos gravados coa cámara.