Saltar navegación

Introdución

Violencia de xénero

En decembro de 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a "Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller",

A violencia contra a muller defínese como "todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluído as ameazas, a coerción ou a privación arbitraria da liberdade, xa sexa que aconteza na vida pública ou na vida privada".

Inclúe "a violencia física, sexual e psicolóxica" na familia, incluídos os golpes, o abuso sexual das nenas no fogar, a violencia relacionada coa dote, a violación polo marido, a mutilación xenital e outras prácticas tradicionais que atentan contra a muller, a violencia exercida por persoas distintas do marido e a violencia relacionada coa explotación; a violencia física, sexual e psicolóxica ao nivel da comunidade en xeral, incluídas as violacións, os abusos sexuais, a intimidación sexual no traballo, en institucións educacionais e noutros ámbitos, o tráfico de mulleres e a prostitución forzada; e a violencia física, sexual e psicolóxica perpetrada ou tolerada" polo Estado", "onde queira que aconteza".

Pero...

...como recoñecemos unha agresión?

...que facemos se a detectamos?

Queredes axudar ás persoas que sufran estas agresións?

Se realizades esta webquest estaredes mellor preparados para detectar e recoñecer situacións de violencia de xénero no entorno próximo e ser quen de axudar ao agredido e denunciar ao agresor...