Selección de proxectos do programa de mobilidades de FP dual curso 2023-2024. Resolución provisional
Publicada a resolución provisional da comisión de selección e avaliación de proxectos correspondentes ao programa de mobilidades de FP dual para o curso 2023-2024.
Os centros solicitantes poderán formular, no prazo de tres (3) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal de Internet da consellería, reclamacións contra esta relación provisional de proxectos de mobilidade admitidos e excluídos.
Tamén se poderán presentar por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Deberase remitir ademais unha copia dixitalizada da reclamación, así como do recibo de presentación desta, por correo electrónico, no prazo establecido, ao seguinte enderezo: dinamizacionfp@edu.xunta.gal.
Data límite para reclamacións: 26/10/2023 (incluído)