SELE04
SELE04 - Mantemento electrónico
Que se aprende a facer?
Manter e reparar equipamentos e sistemas electrónicos, profesionais, industriais e de consumo, así como planificar e organizar os procesos de mantemento, con criterios de calidade, aplicando a normativa e os plans de prevención de riscos laborais e ambientais.
En que ámbitos se traballa?
Empresas do sector servizos, tanto privadas como públicas, dedicadas ao mantemento e a reparación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións, sistemas microprocesados,redes de banda larga, telemática e radiocomunicacións, así como equipamentos industriais e profesionais de audio e vídeo, por conta propia ou allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas de radio e televisión,e sistemas de produción audiovisual; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas de radio e televisión, e sistemas de produción audiovisual; técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas de radiodifusión; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas de radiodifusión; técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de sistemas domóticos, inmóticos e de seguridade electrónica; técnico/a en reparación e mantemento de sistemas domóticos, inmóticos e de seguridade electrónica;técnico/a en supervisión e verificación de equipamentos de redes locais e sistemas telemáticos; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos de redes locais e sistemas telemáticos; técnico/a en supervisión, verificación e control de sistemas de radioenlaces; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos profesionais de audio; técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos profesionais de vídeo;técnico/a en reparación e mantemento de equipamentos industriais.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1051 | Circuitos electrónicos analóxicos | 240 | 9 | |
1º | MP1052 | Equipamentos microprogramables | 266 | 10 | |
1º | MP1061 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1055 | Mantemento de equipamentos de electrónica industrial | 160 | 6 | |
1º | MP1058 | Técnicas e procesos de montaxe e mantemento de equipamentos electrónicos | 187 | 7 | |
2º | MP1062 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1063 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1059 | Infraestruturas e desenvolvemento do mantemento electrónico | 70 | 4 | |
2º | MP1056 | Mantemento de equipamentos de audio | 105 | 6 | |
2º | MP1053 | Mantemento de equipamentos de radiocomunicacións | 140 | 8 | |
2º | MP1057 | Mantemento de equipamentos de vídeo | 122 | 7 | |
2º | MP1054 | Mantemento de equipamentos de voz e datos | 140 | 8 | |
2º | MP1060 | Proxecto de mantemento electrónico | 26 |
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Pontes de García Rodríguez, As | 15021767 | IES Plurilingüe Castro da Uz | 881930001 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).