SARG01
SARG01 - Deseño e xestión da produción gráfica
Que se aprende a facer?
Deseñar e desenvolver proxectos gráficos, elaborar orzamentos, xestionar e supervisar a produción, e controlar o almacén de materiais e a expedición do produto á clientela, aplicando a normativa vixente e os protocolos de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.
En que ámbitos se traballa?
Empresas de artes gráficas, en empresas de servizos gráficos integrais, en editoriais, na prensa diaria ou periódica, e en empresas dedicadas á produción de envases, embalaxes e packaging.
Que ocupacións se desempeñan?
Deseñador/ora gráfico/a. Técnico/a en preimpresión. Técnico/a en impresión. Técnico/a de encadernación industrial. Técnico/a en procesos de transformacións de papel, cartón e outros soportes gráficos. Verificador/ora de produtos acabados de papel e cartón. Técnico/a en xestión de cor en industrias gráficas. Axudante de produción en industrias gráficas. Orzador/a de industrias gráficas. Técnico/a de oficina técnica en industrias gráficas.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1480 | Comercialización de produtos gráficos e atención á clientela | 80 | 3 | |
1º | MP1479 | Deseño de produtos gráficos | 267 | 10 | |
1º | MP1543 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1417 | Materiais de produción gráfica | 133 | 5 | |
1º | MP1478 | Organización dos procesos de preimpresión dixital | 373 | 14 | |
2º | MP1544 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1545 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1540 | Organización dos procesos de impresión gráfica | 227 | 13 | |
2º | MP1541 | Organización dos procesos de postimpresión, transformacións e acabamentos | 140 | 8 | |
2º | MP1542 | Proxecto de deseño e xestión da produción gráfica | 26 | ||
2º | MP1539 | Xestión da cor | 70 | 4 | |
2º | MP1538 | Xestión da produción na industria gráfica | 140 | 8 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Santiago de Compostela | 15016000 | CIFP Compostela | 881866570 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).