Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se convoca un programa de mobilidades de FP dual
O obxecto desta resolución é convocar o Programa de Mobilidades de FP Dual para o curso 2023/2024 e establecer as súas bases reguladoras.
Poderán solicitar a súa participación neste programa os centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con alumnado matriculado, no curso 2023-2024, en ensinanzas de formación profesional impartidas na modalidade de formación profesional dual, tanto no réxime ordinario como no réxime de ensinanzas para as persoas adultas.
As mobilidades obxecto desta convocatoria terán unha duración de entre 5 e 10 días e desenvolveranse entre o 1 de novembro e o 15 de decembro de 2023.