Prazas liberadas

As persoas interesadas, que cumpran os requisitos de acceso, poderán matricularse en calquera das ensinanzas con prazas vacantes. A matrícula realizarase por estrita orde de chegada ao centro que oferte a praza vacante (impreso de matrícula en praza liberada)

  • Oferta ordinaria
  • Oferta modular
  • FP básica
  • FP dual intensiva
  • Cursos de especialización

Pódese consultar a dispoñibilidade de prazas vacantes durante o período de matrícula nas seguintes listaxes:

(Creo que hai unha páxina específica para prazas dispoñible)

Cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles

Para matricularse nun curso de especialización con prazas dispoñibles a única condición é cumprir os requisitos de acceso para o curso correspondente segundo o establecido no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.

  • Documento informativo: acceso ás prazas vacantes de cursos de especialización

A matrícula en calquera curso de especialización con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión de formación profesional e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas de calquera réxime, modalidade e grao.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o curso de especialización teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase no propio centro por orde de chegada empregando o seguinte modelo:

  • Modelo de documento en formato PDF
  • Clasificadas por centro educativo (dispoñible só durante o período de matrícula en prazas liberadas)
Etiquetas: