Información orientativa. Ciclos formativos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes de setembro ata o día 9 ás 13:00 horas e aínda aberto o prazo de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria do proceso de admisón a ciclos formativos de FP. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas cos seguintes datos:

Listaxes separadas por réxime, modalidade e grao; ordenadas por provincia, concello e centro dos ciclos e módulos de formación profesional que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.

Estas listaxes teñen unha finalidade exclusivamente informativa. Foron xeradas o 2 de setembro e con posterioridade os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ao proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria.

Lémbrese que nas solicitudes do período extraordinario de setembro pódese solicitar calquera centro, ciclo ou módulo que figure na oferta educativa de formación profesional (consulte "Oferta de FP" no menú ven a FP), pero na adxudicación sempre teñen preferencia as solicitudes realizadas no mes de xullo que permanecen en listaxe de espera sobre calquera solicitude realizada no período extraordinario de solicitudes de setembro.

Atención: Non son listaxes de ciclos e módulos con matrícula liberada. Para acceder é necesario participar no proceso de solicitudes de setembro.


Réxime ordinario

  
Réxime para as persoas adultas

Modalidade presencial

  
Modalidade distancia

Etiquetas: