Peche da segunda edición do proxecto ‘Lugo Emprende’
Alumnas e alumnos de 6ª de primaria e de todos os cursos de ESO, Bacharelato e FP da provincia de Lugo participaron nas actividades desenvolvidas dentro da segunda edición do proxecto ‘Lugo Emprende’, posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co patrocinio da Fundación Alcoa e coa colaboración de El Progreso. A finalidade desta iniciativa foi a de estimular o espírito emprendedor entre os estudantes, así como a de favorecer a responsabilidade e autonomía persoal dos máis novos.
O proxecto desenvolveuse en 21 centros de ensino da provincia de Lugo, e rematou co acto de clausura, onde se desenvolveu unha mostra de miniempresa e a entrega dos premios ao concurso de ideas para a realización de proxectos empresariais.
Neste acto interviron o director xeral de Educación, Formación Profesional, e Innovación educativa, Manuel Corredoira López; o xefe de administración e servizos centrais de Alcoa en San Ciprián, Abel Gómez González, o subdirector de El Progeso, Tito Diéguez; o xefe de servizo de Orientación Profesional e Relación con Empresas, Julio Jorge Álvarez Flórez e o director do centro CIFP As Mercedes, Joaquín Expósito López.