Carnés profesionais. Convocatoria 2ª parte proba guindastre móbil autopropulsado, categoría B. Primeira convocatoria 2019

Publicada a listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

O chamamento para a realización da proba terá lugar o sábado 1 de xuño ás 10:00 horas nos enderezos que se indican na listaxe.

Resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2019-2020

Xúntase a Resolución do 13 de maio de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües (Estrela PluriFP) para o curso 2019-2020.

A partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e ata o 21 de xuño de 2019, os centros educativos poderán solicitar a súa participación.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Prazas vacantes. Curso 2018-2019

Publicadas a prazas vacantes de probas libres.

As persoas interesadas, que cumpran os requisitos de acceso indicados na Orde do 5 de abril de 2013, poderán matricularse en calquera dos módulos dos ciclos con prazas vacantes. O período de matrícula do curso 2018/2019 é desde as 9:00 horas do 24 de maio ata as 13:00 horas do 31 de maio de 2019. A matrícula realizarase por estrita orde de chegada.

Etiquetas: 

Convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza a FCT ou FP dual

Publicada a Orde do 6 de maio de 2019 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Etiquetas: 

Selección de estadías formativas 2019. Resolución definitiva

Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). 1ª adxudicación ordinaria. Curso 2018-2019

Publicada a listaxe da 1ª adxudicación ordinaria de persoas admitidas para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Período de matriculación do día 15 ao 22 de maio ata as 13:00 horas no centro no que teña praza adxudicada.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Listaxes definitivas de solicitudes. Curso 2018-2019

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Etiquetas: 

Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos premiados

Publicada a Resolución do 30 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional onde se impartan ensinanzas de formación profesional, convocados na resolución do 19 de decembro de 2018.

Etiquetas: 

Selección de estadías formativas 2019. Resolución provisional

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Probas de acceso a grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2019

Publicadas as instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2019.

- Máis información sobre a convocatoria

Etiquetas: 
Distribuir contido