Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Primeira convocatoria 2019

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria 2019 de probas de carnés e habilitacións profesionais.

Proxectos de formación para o profesorado de FP 2018-2019. Resolución provisional

Publicada a resolución provisional de proxectos de formación presentados á convocatoria do 10 de xaneiro do 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2018-2019 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo coordinador, así como a documentación requirida se é o caso.

Probas de acceso a grao superior. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2019

Publicadas as instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2019.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao superior. Listaxe definitiva de solicitudes e exencións. Convocatoria 2019

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2019.

Etiquetas: 

Xornada formativa "Apaixónate 2019"

O próximo 30 de marzo desenvolverase a xornada formativa "Apaixónate 2019", no CIFP Politécnico de Santiago, centrada en como a paixón polo que fas ilustra o camiño cara o éxito.

A inscrición está dispoñible a través da aplicación fprofe, buscando a actividade Apaixónate, con referencia X1802119.

Etiquetas: 

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais. Convocatoria 2019

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019. Data de publicación: 13.03.2019

Concurso Eduemprende Idea 2019

Publicada a Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 11 de marzo) pola que se convoca o concurso eduemprende Idea 2019, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Comprende dúas modalidades:

Etiquetas: 

Convocatoria do premio Escola Emprendedora 2019

Está aberto o prazo para presentar candidaturas para o premio Escola Emprendedora 2019. Con este recoñecemento a Fundación Princesa de Girona axudará a difundir a labor da escola premiada, aumentará a súa visibilidade e permitirá que se converta nun referente da formación innovadora.

Etiquetas: 

Reunión de seguimento do proxecto europeo Erasmus+ MATES

O pasado martes 26 de febreiro tivo lugar na Subdirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a reunión de seguimento do proxecto europeo Erasmus+ KA2, MATES (Maritime Alliance for fostering the European Blue Economy through a Marine Technology Skilling Strategy), coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR.

Multimedia: 

Edugal. Pontevedra 2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participa en Edugal Pontevedra 2019, a oitava edición do Salón da oferta de educación e formación de Galicia, que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra desde o 27 de febreiro ata o 1 de marzo de 2019.

No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación relacionada con:

Multimedia: 
Distribuir contido