Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 4 de abril de 2018, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 29 de decembro de 2017 (DOG do 10 de xaneiro de 2018) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

En aplicación do artigo 13.3 "A convocatoria para a primeira reunión grupal publicarase na páxina web da sede onde se desenvolva o procedemento e na páxina www.edu.xunta.es/fp da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos dez primeiros días desde a publicación das listaxes definitivas de admitidos e sempre cunha antelación mínima dunha semana respecto da data de realización, e terá efectos de notificación ás persoas interesadas. A convocatoria á reunión reflectirase no expediente do candidato na aplicación informática de xestión do procedemento, debendo o candidato realizar a confirmación da súa recepción na mesma aplicación".

Pode consultar o calendario e horario para a primeira reunión grupal na seguinte ligazón:

Recorde que nesta primeira reunión deberá presentar o xustificante do pago da fase de asesoramento (para máis información consulte a páxina Taxas para ver as posibles excepcións ou a páxina de inicio da aplicación informática de xestión do procedemento).