Convocatoria do proxecto de mobilidade Academia. Curso 2011-2012

Academia é un proxecto europeo anual de mobilidade, dirixido aos profesionais da orientación profesional encadrado dentro do programa Leonardo da Vinci. Está organizado polo Ministerio de Educación, a través do Centro Nacional de Recursos para a Orientación Profesional (CNROP), en colaboración coas comunidades autónomas.

Na presente edición a Comunidade de Galicia ten asignadas catro prazas, distribuídas nos seguintes países: Francia, Irlanda, Islandia e Romanía.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 2 de novembro de 2011.

Máis información do proxecto Academia. Convocatoria 2011-12