Admisión 2011. Relación provisional de solicitudes a grao medio

Na seguinte ligazón pódese consultar a relación provisional de solicitantes inscritos para os ciclos formativos de grao medio en convocatoria extraordinaria do réxime ordinario na modalidade presencial. Nesta listaxe poderanse comprobar os datos de inscrición da solicitude e as condicións de acceso para o proceso de adxudicación. As persoas interesadas poderán presentar reclamación contra esta listaxe no seu centro de inscrición ata o 16 de setembro de 2011 ás 13:00 horas. 
As persoas interesadas poden consultar os datos da súa inscrición na seguinte ligazón. Lembre que os datos de adxudicación de prazas publicaranse o día 20 de setembro, polo que o estado actual de todas as solicitudes de setembro é de non adxudicado.