Convocatoria dos premios á calidade e innovación en orientación e formación profesional para o ano 2011.
O ministerio de educación convocou no BOE do 29 de agosto as bases para os premios á calidade e innovación en orientación e formación profesional para o ano 2011.
Convócanse dúas modalidades de premios:
1. Premios á calidade e innovación en formación profesional do sistema educativo.
2. Premios á calidade e innovación en orientación profesional desde o sistema educativo.
Os Premios están dirixidos a profesores a título individual ou a equipos de traballo de profesores ou a equipos de profesores e alumnos de centros docentes españois sostidos con fondos públicos nos que se impartan ensinanzas de Formación Profesional ou Programas de Cualificación Profesional Inicial. Na modalidade de calidade e innovación en orientación profesional tamén se inclúe a os orientadores dos centros de Educación Secundaria, Centros de Educación de Persoas Adultas e Centros Integrados de Formación Profesional.
Para cada unha das modalidades desta convocatoria establécense os seguintes premios:
Tres premios de 20.000 euros cada un.
Catro premios de 15.000 euros cada uno.
Oito premios de 10.000 euros cada uno.
O prazo de presentación da documentación remata o 30 de setembro de 2011.