Oferta PCPI curso 2011-2012
No DOG do 21 de xullo 2011, publicouse a Orde do 13 de xullo de 2011 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia, na que se destaca a súa flexibilización e, entre outros aspectos, se establecen os réximes e as modalidades de impartición.
Procede que os centros realicen, ata o mes de setembro, unha análise do borrador de oferta que se presenta para o vindeiro curso académico 2011-2012, e no caso de propor modificacións as remitan ao enderezo de correo electrónico sfp@edu.xunta.es.
Realizarase no mes de setembro unha xornada de presentación da nova normativa, para a que están convocados os directores e as directoras dos centros interesados. A data prevista para a xornada é o 5 de setembro.
Documentación relacionada |
---|
borrador_orde_oferta_pcpi_2011-2012.pdf |