MTCP01
MTCP01 - Confección e moda
Que se aprende a facer?
Confeccionar, tanto á medida coma industrialmente, pezas, complementos e outros artigos en téxtil e pel, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En establecementos e industrias de confección e moda dedicadas ao preparado e corte de materiais, á produción de pezas, ao remate industrial de pezas e complementos de vestir en téxtil e pel, e artigos téxtiles para o fogar, usos industriais e deportivos. De igual modo, pode exercer a súa actividade en establecementos dedicados á realización de vestiario á medida.
Que ocupacións se desempeñan?
Confeccionista. Axudante de xastraría e modistaría. Especialista en confección. Oficial de confección. Cortador/ora de pezas e artigos téxtiles. Operador/ora de máquinas industriais de coser e bordar. Cosedor/ora-ensamblador/ora. Marcador/ora-cortador/ora de pezas e artigos en téxtil e pel. Pasador/ora-acabador/ora. Operador/ora de máquinas de remate.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0269 | Confección industrial | 266 | 10 | |
1º | MP0267 | Corte de materiais | 213 | 8 | |
1º | MP0272 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0271 | Información e atención á clientela | 80 | 3 | |
1º | MP0275 | Materiais téxtiles e pel | 187 | 7 | |
1º | MP0264 | Moda e tendencias | 107 | 4 | |
2º | MP0270 | Acabamentos en confección | 140 | 8 | |
2º | MP0268 | Confección á medida | 209 | 12 | |
2º | MP0273 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0274 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0265 | Padróns | 123 | 7 | |
2º | MP0116 | Principios de mantemento electromecánico | 105 | 6 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15027897 | CIFP Paseo das Pontes | 881961030 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).