MIMA03

 

MIMA03 - Mantemento electromecánico

Ciclo formativo
Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MIMA03
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Montar e manter maquinaria e equipamento industrial e liñas automatizadas de produción, de acordo coas normas e os regulamentos establecidos, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais e respecto polo ambiente.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Mecánico/a de mantemento; montador/ora industrial; montador/ora de equipamentos eléctricos; montador/ora de equipamentos electrónicos; mantedor/ora de liña automatizada; montador/ora de bens de equipamento; montador/ora de automatismos pneumáticos e hidráulicos; instalador/ora electricista industrial; electricista de mantemento e reparación de equipamentos de control, medida e precisión.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0952 Automatismos pneumáticos e hidráulicos 240 9
MP0951 Electricidade e automatismos eléctricos 240 9
MP0956 Formación e orientación laboral 107 4
MP0949 Técnicas de fabricación 240 9
MP0950 Técnicas de unión e montaxe 133 5
MP0957 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0958 Formación en centros de traballo 410
MP0955 Montaxe e mantemento de liñas automatizadas 175 10
MP0954 Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico 192 11
MP0953 Montaxe e mantemento mecánico 210 12

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Carballo 15002591 IES Monte Neme 881960050

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36011634 IES Politécnico de Vigo 986213025




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).