MARG01
MARG01 - Impresión gráfica
Que se aprende a facer?
Realizar as actividades de axustes mecánicos, entoación e rexistro da imaxe, para a produción de impresos por sistemas convencionais (offset, flexografía e serigrafía) ou por medios dixitais, controlando e mantendo as máquinas e os equipamentos auxiliares, para obter a produción coa calidade e nos tempos establecidos, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas de artes gráficas en xeral que teñan sección de impresión offset, flexografía, serigrafía ou dixital, así como en empresas dedicadas á impresión de libro, á edición de publicacións periódicas, á fabricación de envases e embalaxes de papel, plásticos, complexos e cartón ondulado, ás transformacións do papel e cartón, á impresión de publicidade e á estampaxe téxtil, cerámica e noutros produtos.
Que ocupacións se desempeñan?
Operador/ora de máquinas de offset en xeral; maquinista de impresión offset; técnico/a de impresión offset; montador/ora de pranchas de flexografía; operador/ora de máquina flexográfica; condutor/ora de máquina de impresión flexográfica; operador/ora de máquina de rotogravado; impresor/ora dixital; técnico/a en impresión dixital; técnico/a de impresión serigráfica; impresor/ora de serigrafía.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0884 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0883 | Impresión en baixorrelevo | 107 | 4 | |
1º | MP0879 | Impresión en flexografía | 213 | 8 | |
1º | MP0882 | Preparación de materiales para a impresión | 293 | 11 | |
1º | MP0877 | Preparación e regulación de máquinas offset | 240 | 9 | |
2º | MP0878 | Desenvolvemento da tiraxe offset | 193 | 11 | |
2º | MP0885 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0886 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP0869 | Impresión dixital | 157 | 9 | |
2º | MP0880 | Impresión en serigrafía | 227 | 13 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).