Galiemprende
Galiemprende é un evento organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no marco da súa estratexia de fomento do emprendemento, que ten como obxectivo a presentación conxunta da Rede galega de viveiros de empresa en centros educativos, un espazo de asesoramento destinado o alumnado galego axeitado para a posta en marcha de proxectos empresariais, e do Centro de Emprendemento de Galicia (CEM), desde onde se ofrece apoio aos emprendedores ofrecéndolles un lugar de traballo flexible ademais de asesoramento para a posta en marcha dos seus negocios.
O evento terá como finalidade favorecer a posta en común de proxectos e servir de espazo de encontro xerador de sinerxías entre os emprendedores, con proxectos empresariais xurdidos ao abeiro da Rede galega de viveiros de empresas en centros educativos e do Centro de Emprendemento de Galicia (CEM). Esta posta en común tamén implica os equipos directivos, coordinadores de emprendemento e titores dos viveiros dos centros da Rede e as persoas implicadas na xestión do (CEM).
A data de celebración é o 6 de abril de 2016, na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia.