Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Definir e organizar procesos de tratamento da información e a documentación clínica, extraendo e rexistrando datos, codificándoos e validando a información, e garantindo o cumprimento da normativa, así como intervir nos procesos de atención e xestión de pacientes e de xestión administrativa en centros sanitarios.

En que ámbitos se traballa?

No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, en atención tanto primaria como especializada, así como en centros hospitalarios e de investigación. Realizan o seu traballo baixo a supervisión do persoal facultativo correspondente ou xerente administrativo/a, de ser o caso. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en documentación sanitaria
Responsable técnico/a de codificación de documentación sanitaria
Responsable técnico/a de arquivos de historias clínicas
Responsable técnico/a de tratamento e deseño documental sanitario
Responsable técnico/a de sistemas de información asistencial sanitaria
Responsable técnico/a de avaliación e control de calidade da prestación sanitaria
Responsable técnico/a de xestión de procesos administrativo-clínicos
Responsable de administración de unidades, departamentos ou centros sanitarios
Asistente de equipos de investigación biomédica
Secretario/a de servizos sanitarios
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1518 Arquivamento e documentación sanitarios 133
MP1521 Atención psicosocial a pacientes e persoas usuarias 107
MP1517 Extracción de diagnósticos e procedementos 160
MP1525 Formación e orientación laboral 107
MP0649 Ofimática e proceso da información 240
MP1516 Terminoloxía clínica e patoloxía 213
MP1520 Codificación sanitaria 191
MP1526 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP1527 Formación en centros de traballo 384
MP1524 Proxecto de documentación e administración sanitarias 26
MP1519 Sistemas de información e clasificación sanitarios 87
MP1522 Validación e explotación de datos 123
MP1523 Xestión administrativa sanitaria 123
MP1515 Xestión de pacientes 53
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Documentación e administración sanitarias

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Pontevedra
Vilagarcía de Arousa