Folletos Web Ciclo
Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas, seguindo os protocolos normalizados de traballo, aplicando as normas de calidade, seguridade e ambientais establecidas, e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte á prevención, ao diagnóstico, ao control da evolución e ao tratamento da doenza, así como á investigación, seguindo os protocolos establecidos na unidade asistencial.
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, na área do laboratorio de análises clínicas, así como no diagnóstico, no tratamento, na xestión e na investigación. Actúan como traballadores/as dependentes en organismos ou institucións pequenos, medianos ou grandes. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP1369 | Bioloxía molecular e citoxenética | 187 |
1º | MP1370 | Fisiopatoloxía xeral | 213 |
1º | MP1376 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP1368 | Técnicas xerais de laboratorio | 240 |
1º | MP1367 | Xestión de mostras biolóxicas | 213 |
2º | MP1371 | Análise bioquímica | 175 |
2º | MP1377 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP1378 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP1373 | Microbioloxía clínica | 157 |
2º | MP1375 | Proxecto de laboratorio clínico e biomédico | 26 |
2º | MP1374 | Técnicas de análise hematolóxica | 175 |
2º | MP1372 | Técnicas de inmunodiagnóstico | 70 |
Título de Técnico superior en Laboratorio clínico e biomédico
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.