Folletos Web Ciclo
Obter rexistros gráficos, morfolóxicos o funcionais do corpo humano, con fins diagnósticos ou terapéuticos, a partir da prescrición facultativa, utilizando equipamentos de diagnóstico por imaxe e de medicina nuclear, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, aplicando protocolos de radioprotección e de garantía de calidade, así como os establecidos na unidade asistencial.
No sector sanitario público e privado, en unidades de radiodiagnóstico e de medicina nuclear, en centros de investigación e en institutos anatómico-forenses ou de medi-cina legal, así como en centros veterinarios e de experimentación animal, e delegacións comerciais de produtos hospitalarios, farmacéuticos e técnicos de aplicacións en electromedicina. Realiza o seu traballo baixo a supervisión do/da médico/a especialista corres-pondente e o supervisor da instalación, coa correspondente acreditación como operador/ora de instalacións radioactivas outorgado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN).
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP1347 | Anatomía pola imaxe | 266 |
1º | MP1345 | Atención ao/á paciente | 160 |
1º | MP1356 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP1346 | Fundamentos físicos e equipamentos | 267 |
1º | MP1348 | Protección radiolóxica | 160 |
2º | MP1357 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP1358 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP1355 | Proxecto de imaxe para o diagnótico e medicina nuclear | 26 |
2º | MP1353 | Técnicas de imaxe en medicina nuclear | 105 |
2º | MP1352 | Técnicas de imaxe por resonancia magnética | 105 |
2º | MP1354 | Técnicas de radiofarmacia | 70 |
2º | MP1350 | Técnicas de radioloxía especial | 70 |
2º | MP1349 | Técnicas de radioloxía simple | 122 |
2º | MP1351 | Técnicas de tomografía computadorizada e ecografía | 105 |
Título de Técnico superior en Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.