Folletos Web Ciclo
Xestionar e participar nas operacións de fabricación, acondicionamento e almacenamento de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns, organizando o funcionamento, a posta en marcha e a parada das instalacións e dos equipamentos, segundo os procedementos normalizados de traballo e cumprindo as normas de seguridade, de prevención de riscos e de protección ambiental.
En empresas farmacéuticas, biotecnolóxicas e afíns de carácter público o privado, onde desenvolverán o seu labor nas áreas de produción ou acondicionamento de medicamentos e produtos sanitarios, cosméticos e determinados produtos alimentarios, formas farmacéuticas e afíns, tales como cosméticos, perfumes, produtos dietéticos, de herboristaría ou alimentos especiais, e de drogaría. Así mesmo, poden traballar na obtención de produtos biotecnolóxicos, tanto en sectores que teñan como principal actividade a utilización de organismos vivos ou os seus compoñentes, como naqueles que, malia ser a súa actividade principal, poidan innovar con técnicas de produción biotecnolóxicas sobre algúns produtos e procesos.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP1398 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0191 | Mantemento electromecánico en industrias de proceso | 133 |
1º | MP1389 | Operacións básicas na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns | 187 |
1º | MP1387 | Organización e xestión da fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns | 80 |
1º | MP1390 | Principios de biotecnoloxía | 187 |
1º | MP1391 | Seguridade na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns | 107 |
1º | MP1392 | Áreas e servizos auxiliares na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns | 159 |
2º | MP1396 | Acondicionamento e almacenamento de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns | 70 |
2º | MP1388 | Control de calidade de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns | 140 |
2º | MP1399 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP1400 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP1397 | Proxecto de fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns | 26 |
2º | MP1395 | Regulación e control na industria farmacéutica, biotecnolóxica e afíns | 105 |
2º | MP1393 | Técnicas de produción biotecnolóxica | 122 |
2º | MP1394 | Técnicas de produción farmacéutica e afíns | 140 |
Título de Técnico superior en Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.