Folletos Web Ciclo
Organizar e coordinar as actividades de laboratorio e o plan de mostraxe, realizando todo tipo de ensaios e análises sobre materias e produtos en proceso e acabados, orientados á investigación e ao control de calidade, así como interpretar os resultados obtidos, actuando baixo normas de boas prácticas no laboratorio.
En empresas ou laboratorios de distintos sectores onde cumpra realizar ensaios físicos e fisicoquímicos, e análises químicas e instrumentais en materias e en produtos orientados ao control de calidade e á investigación, así como naqueles en que sexa preciso realizar probas microbiolóxicas e biotecnolóxicas en áreas ambientais ou de alimentación, entre outras.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP0066 | Análises químicas | 320 |
1º | MP0069 | Ensaios fisicoquímicos | 160 |
1º | MP0070 | Ensaios microbiolóxicos | 160 |
1º | MP0074 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP0065 | Mostraxe e preparación da mostra | 213 |
2º | MP0067 | Análise instrumental | 226 |
2º | MP0072 | Calidade e seguridade no laboratorio | 123 |
2º | MP0075 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP0071 | Ensaios biotecnolóxicos | 105 |
2º | MP0068 | Ensaios físicos | 123 |
2º | MP0076 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP0073 | Proxecto de laboratorio de análise e de control de calidade | 26 |
Título de Técnico superior en Laboratorio de análise e de control de calidade
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.