Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Organizar, programar e supervisar a produción na industria vitivinícola controlando a produción vitícola e as operacións de elaboración, estabilización e envasamento de viños e derivados, aplicando os plans de produción, calidade, seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais e protección ambiental, consonte a lexislación.

En que ámbitos se traballa?

En pequenas, medianas e grandes empresas vitivinícolas dedicadas á produción de uva, á elaboración, á crianza e ao envasamento de viño, así como en pequenas, medianas e grandes industrias de destilados de viño, concentración de mostos, elaboración de vinagres e outros produtos derivados da uva e do viño. Trátase de persoal por conta allea ou propia que exerce a súa actividade en labores de xestión, dirección e supervisión en áreas funcionais de recepción, produción e envasamento.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a vitivinícola
Encargado/a de proceso de destilación e rectificación
Encargado/a de recepción de mostos frescos e sulfitados
Supervisor/ora de columnas de destilación e concentración
Encargado/a da liña de envasamento de destilados, concentrados e vinagres
Encargado/a de avellentamento e crianza de destilados e vinagres
Técnico/a en análise sensorial
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0081 Análise enolóxica 213
MP0083 Cata e cultura vitivinícola 80
MP0088 Formación e orientación laboral 107
MP0079 Procesos bioquímicos 213
MP0078 Vinificacións 187
MP0077 Viticultura 160
MP0084 Comercialización e loxística na industria alimentaria 123
MP0089 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0080 Estabilización, crianza e envasamento 140
MP0090 Formación en centros de traballo 384
MP0082 Industrias derivadas 87
MP0085 Lexislación vitivinícola e seguridade alimentaria 140
MP0087 Proxecto na industria vitivinícola 26
MP0086 Xestión de calidade e ambiental na industria alimentaria 87
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Vitivinicultura

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
Ourense
Barco de Valdeorras, O
Pontevedra
Ponteareas