Folletos Web Ciclo
Definir, planificar e supervisar a instalación, a captación, a gravación, o control, a emisión, a posprodución e a reprodución do son en audiovisuais, radio, industria discográfica, espectáculos, eventos e instalacións fixas de sonorización, controlando e asegurando acalidade técnica e formal.
No sector audiovisual, radiofónico, discográfico, do espectáculo, de eventos e de instalación de estruturas fixas e efémeras de sonorización en recintos acoutados.
Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.
Curso | Código | Módulos profesionais | Horas |
---|---|---|---|
1º | MP1104 | Comunicación e expresión sonora | 133 |
1º | MP1103 | Electroacústica | 133 |
1º | MP1106 | Formación e orientación laboral | 107 |
1º | MP1097 | Instalacións de son | 213 |
1º | MP1096 | Planificación de proxectos de son | 107 |
1º | MP1098 | Son para audiovisuais | 267 |
2º | MP1101 | Axustes de sistemas de sonorización | 87 |
2º | MP1099 | Control de son en directo | 140 |
2º | MP1107 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
2º | MP1108 | Formación en centros de traballo | 384 |
2º | MP1100 | Gravación en estudio | 175 |
2º | MP1102 | Posprodución de son | 175 |
2º | MP1105 | Proxecto de son para audiovisuais e espectáculos | 26 |
Título de Técnico superior en Son para audiovisuais e espectáculos
Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.