Folletos Web Ciclo

CSS



Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos
Ciclo formativo de grao Superior
Título LOE
Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Organizar e supervisar a preparación, a realización e a montaxe de proxectos audiovisuais filmados, gravados ou en directo, así como rexer os procesos técnicos e artísticos de representacións de espectáculos en vivo e eventos, coordinando os medios técnicos e humanos e controlando o contido, a forma, o proxecto artístico e a calidade establecida.

En que ámbitos se traballa?

Sector da produción e realización de calquera tipo de programas audiovisuais (cine, vídeo,multimedia, televisión e novos medios), e no da produción e a realización de espectáculos(artes escénicas, producións musicais e eventos).

Que ocupacións se desempeñan?
Axudante de dirección en cine
Axudante de realización de vídeo
Axudante de realizaciónde televisión
Responsable de área de audiovisuais (en empresas alleas á actividade)
Montador/ora de cine
Editor/ora montador/ora de vídeo
Xefe/a de rexedoría
Rexedor de espectáculos en vivo
Rexedor de eventos
Rexedor de paredes
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP0912 Formación e orientación laboral 107
MP0910 Medios técnicos audiovisuais e escénicos 187
MP0906 Planificación da montaxe e a posprodución de audiovisuais 186
MP0902 Planificación da realización en cine e vídeo 160
MP0904 Planificación da realización en televisión 160
MP0908 Planificación da rexedoría de espectáculos e eventos 160
MP0913 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0914 Formación en centros de traballo 384
MP0903 Procesos de realización en cine e vídeo 157
MP0905 Procesos de realización en televisión 140
MP0909 Procesos de rexedoría de espectáculos e eventos 140
MP0911 Proxecto de realización de proxectos de audiovisuais e espectáculos 26
MP0907 Realización da montaxe e posprodución de audiovisuais 140
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
A Coruña
Coruña, A