Folletos Web Ciclo

CSS



Duración: 2000 horas
Que se aprende a facer?

Xestionar servizos relacionados co termalismo e o benestar, aplicando técnicas de hidrocinesia, técnicas hidrotermais, masaxes estéticas e programas de acondicionamento físico na auga, consonte protocolos establecidos, dinamizando as actividades personalizadas programadas e orientándoas cara á mellora da calidade de vida e da saúde, para conseguir a satisfacción das persoas usuarias e asegurar a prestación do servizo en condicións de calidade, seguridade e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

No sector de os coidados da imaxe persoal, no subsector de coidados estéticos, en pequenas e medianas empresas tales como hoteis, centros de spa e balnearios. A súa actividade está abranguida nas áreas de tratamentos estéticos integrais, estética hidrotermal, masaxe estética e drenaxe, asesoramento en tratamentos cosméticos, acondicionamento físico e recreación, ocupándose da planificación, a organización, a dinamización e a avaliación das actividades.

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en tratamentos estéticos integrais
Especialista en técnicas hidroestéticas
Técnico/a en masaxes estéticas
Técnico/a en drenaxe linfática estética
Instrutor/a de grupos de hidrocinesia e coidado corporal
Coordinador/a de actividades de acondicionamento físico e de hidrocinesia
Director/a técnico/a en spas e balnearios
Monitor/a de tempo libre
Socorrista en instalacións acuáticas
Cales son os módulos deste ciclo?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Curso Código Módulos profesionais Horas
MP1151 Acondicionamento físico na auga 213
MP0212 Características e necesidades das persoas en situación de dependencia 133
MP1124 Dinamización grupal 107
MP1648 Formación e orientación laboral 107
MP0179 Inglés 160
MP0747 Masaxe estética 240
MP1123 Actividades de lecer e tempo libre 123
MP1649 Empresa e iniciativa emprendedora 53
MP0745 Estética hidrotermal 123
MP1650 Formación en centros de traballo 384
MP1647 Proxecto de termalismo e benestar 26
MP1152 Técnicas de hidrocinesia 105
MP1136 Valoración da condición física e intervención en accidentes 226
Que título se obtén?

Título de Técnico superior en Termalismo e benestar

Onde se pode estudar?

Na seguinte lista podemos atopar unha relación de poboacións, centros, réximes e modalidades onde se pode estudar dita ensinaza.

Lenda de réximes e modalidades:
I FPDual Intensiva
P Oferta modular presencial
D Oferta modular semipresencial e a distancia
Ourense
Ourense